A Rosa dos Ventos pecha este domingo a concentración moteira en Poio
Por Diego Torrado
Centos de afeccionados ás motos participan esta fin de semana dos actos programados pola asociación A Rosa dous Ventos dentro da sexta edición da concentración que promoven na Seca (Poio).
Este domingo finaliza este encontro cunha ruta ata A Illa da Toxa. Durante o venres e o sábado, os participantes contaron con numerosas actividades de ocio que se alongaron durante a pasada noite cunha sesión de acróbatas e outra de Dj's.
A Rosa dos Ventos busca con este evento dar a coñecer o municipio de Poio ao mundo das dúas rodas e a súa proposta é a de ser algo máis que un club ofrecendo unha imaxe familiar do colectivo de moteiros.