Falece un home de 61 anos en Vilagarcía ao caerlle unha árbore enriba
Por Redacción
Un home faleceu este sábado 11 ao ser golpeado por unha árbore no concello de Vilagarcía de Arousa segundo informa a central de coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia que recibía a alerta do suceso ás 17.49 horas.
Ata o lugar trasladáronse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención continuada de Vilagarcía. Desprazouse tamén un helicóptero do 061, que xa non chegou ata o lugar do accidente ao falecer a vítima.
O home de 61 anos, M.R.R., non respondeu aos intentos de reanimación por parte dos servizos sanitarios e falecía no lugar onde se produciu a caída da árbore.