Reparan o vertido producido sobre a Praia do Portugalete, en Carril
Por Redacción
O organismo Augas de Galicia, vén de constatar a emenda do vertido producido sobre a Praia do Portugalete en Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) descubriron que o aporte contaminante proviña dunha vivenda situada na rúa Jesús Garrido, a cal producía un vertido de augas residuais urbanas cara a saída das augas naturais e pluviais da praia.
A vertedura quedou totalmente eliminada cando se conectou a vivenda coa rede de saneamento do concello.
Por último, persoal inspector levou a cabo unha inspección da zona. A analítica realizada demostrou que xa non se filtraban vertidos contaminantes cara ao dominio público.