Acusan o dono dun bar e o camareiro de vender droga e gardar un arsenal de armas
Por Oskar Viéitez
A Sección segunda da Audiencia de Pontevedra xulgará o próximo martes o propietario e o camareiro dun bar situado en Entienza-Cerqueira en Salceda de Caselas por vender no seu establecemento, entre 2011 e 2013, cocaína, metadona, cannabis e outras substancias.
Os acusados posuían, carecendo de licenza, segundo a Fiscalía, varias armas, entre elas unha ballesta, seis revólveres e varias pistolas.
O ministerio público pide por un delito contra a saúde pública e outro de tenza ilícita de armas que sexan condenados a doce anos de prisión e multa de 16.000 euros.
O caso, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procede do Xulgado número dous do Porriño.