33 locais de Sanxenxo despachan 13.000 tapas e ingresan 60.000 euros
Por Redacción
Rematou a edición do Sanxenxo, Degusta Tapas e Degusta Drink 2015 na que participaron 33 locais con 64 tapas a concurso. Segundo datos ofrecidos polos locais participantes, degustáronse aproximadamente máis de 13.000 tapas durante o concurso. Isto xenerou uns ingresos cercanos aos 60.000 euros, incluindo o gasto de consumicións e outros productos demandados polos usuarios.
En moitos casos, os participantes suliñan que ademáis das tapas consumidas, moitos clientes se achegaron en outras ocasións para consumir pratos da carta do establecemento, có cal o resultado é todavía máis positivo. Os participantes manifestan que o concurso axudoulles a facer promoción gratuita dos seus establecementos, ainda que o público do concurso foi maoiritariamente poboación local. Os días de maior número de degustacións foron en fin de semana.
Os hotéis e demáis empresas de aloxamento consultadas valoran de forma excelente a iniciativa polo que todos os participantes coinciden en que se debe repetir o concurso tódolos anos, hai locais que din incluso que se debería facer dous veces ao ano (en tempada de inverno e de primavera).
Por parte do novo Concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, valorou moi posivamente o concurso e indicando que se trata dun evento xa consolidado en Sanxenxo, e emprazará aos locais e resturantes a un reunión de traballo unha vez rematada a tempada alta co obxeto de plantexar distintas actuacións, incluso a posiblidade de facer unha edición das tapas en outono con distintas variantes.
O concurso de cócteles resultou o complemento perfecto para a degustación das tapas. Todos os locais participantes suliñan que os resultados foron bos e que repetirán o ano que ven e que o concurso axudou a dinamizar a oferta de ocio do municipio durante este mes. Puxéronse aproximadamente cerca de 1.000 cócteles, en distintas franxas horarias, principalmente durante o fin de semana.
Durante a semana que ven, entregaranse os premios ao locais gañadores nun acto público. Asemade, tamén se sortearán os regalos e premios destinados ao público, contando coa colaboración das persoas asistentes ao mesmo.