María Rey, "as consultas populares teñen que ser serias"
Por Redacción
A concelleira de Ciudadanos de Pontevedra, María Rey, afirma que "é importante escoitar a tódolos cidadáns, o que non podemos facer é levar a consenso cada un dos puntos do PXOM como pretenden facer algunhas forzas políticas da corporación".
A concelleira da agrupación insistiu na necesidade de "esixir que se saque do caixón o PXOM e que se redacte un novo có máximo consenso posible entre tódalas forzas políticas e axentes sociais".
María Rey conclue "o noso partido esixe que se garantice a participación cidadá pero para consultas serias. O prioritario neste momento é presentar un PXOM ós pontevedreses, que levan esperando máis de 20 anos, e unha vez terminado que poidan decidir mediante unha consulta pública".