Emerxencias Sanxenxo atende a un home ferido o envorcar o seu tractor e un incendio forestal
Por Oskar Viéitez
Os efectivos de Emerxencias Sanxenxo atenderon este xoves a un home ferido tras envorcar o seu tractor.
O accidente tivo lugar as 13.13 horas na parroquia de Vilalonga.
Foron axentes da Guardia Civil de Tráfico os que avisaron deste sinistro, no que tamén actuaron os Bombeiros do Salnés.
INCENDIO EN GONDAR
Ademais, a media tarde quedou sufocado un incendio forestal localizado na parroquia de Gondar.
O lume afectou a unha pequena superficie de matogueira e monte baixo.