Un 'parche' para a escaleira da praia de Canelas á espera dun proxecto máis ambicioso
Por Redacción
O concelleiro de Servicios, Maxi González e a edil de Medio Ambiente, Coral González-Haba, visitaron este mércores a praia de Canelas para comprobar o estado de deterioro dunha das escaleiras de acceso, prácticamente desfeita polo efecto das augas pluviais que chegan ao arenal procedentes dun vial próximo cunha pronunciada pendente.
O Concello conta cun proxecto para a reparación de esta escaleira de acceso, moi utilizada polos usuarios da praia de Canelas que se achegan camiñando dende a zona urbanizada máis próxima, e que inclúe ademáis a construcción dun muro de contención xunto á carretera e a dotación dunha canalización que evite que as augas da chuvia provoquen novos desprendementos no talud de terra.
Sen embargo, o novo grupo de Goberno carece polo momento de partida presupuestaria para poder executar o proxecto xa redactado, polo que nos vindeiros días procederán a executar unha actuación puntual que resolva a actual situación de perigo que supón o desprendemento parcial da escaleira de acceso.
"Entendemos que tal e como está esa escaleira supón un serio perigo para os bañistas da praia de Canelas e entendemos que a seguinte entrada ao arenal está a uns 25 metros e que supón moita distancia. Por eso, queremos na vindeira semana habilitar unha solución para que esa escaleira poida ser utilizada con tódalas garantías", explicaba Maxi González tras visitar a zona.