Louzán: “Desde o PP estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan”
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Rafael Louzán, presidente da Deputación e do Partido Popular provincial, lamentou o "espectáculo" que están a ofrecer PSOE e BNG para chegar a pactos para gobernar nas Deputacións galegas e neste sentido, na mañá deste martes 23, indicou que "o PP está ubicado na grada da maioría e así seguiremos estando compoña quen compoña o futuro goberno da Deputación Provincial", explicou Louzán, e engadiu que "estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan. Polo que se ve agárdannos 4 anos de espectáculo tanto nas negociacións coma no futuro goberno, a pregunta está a quen lle cortarán agora a cabeza políticamente falando”.
Neste sentido, Rafael Louzán criticou a actuación do PSOE ao entender que o seu único obxectivo é apartar o PP do Goberno e dubida que os socialistas cheguen a renunciar ao pacto co BNG: "o PSOE vén demostrando que pacta con quen sexa e ao prezo que sexa con tal de facerlle un aparheid ao PP".
O presidente provincial fixo unha comparación entre os resultados das eleccións e os do deporte apuntando que non sería lóxico que a Barcelona, que foi campión de Liga, perdésea porque o segundo e o terceiro clasificado sumasen os seus puntos. Louzán engadiu que os cidadáns non pediron nas urnas que gobernaran os segundos e terceiros, nunha "coalición de perdedores" senón que, ao seu entender, o que reclamaron é que goberne o PP controlado polo PSOE e polo BNG.
En relación co partido nacionalista, Louzán indicou que se encontra no dilema de converterse nunha muleta do PSOE que usa temporalmente e despois tira ao lixo, recordando a situación que se produciu en Vigo.
O máximo responsable da Deputación indicou que o PP está aberto a negociacións co BNG e engadiu que os populares están lexitimados para formar goberno e continuar coa reforma das institucións provinciais. Louzán rematou a súa comparecencia sinalando que só no que se leva de ano, o goberno provincial destinou 50 millóns de euros a pequenos e medianos concellos para a prestación de servizos básicos. E recordou que a débeda da Deputación é de 40 millóns e que se están a amortizar 14 millóns anuais. "É o camiño a seguir", concluíu.
Relacionadas:
-
O Partido Popular designa a Rafael Louzán deputado por Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
Tamén o PSOE descarta que o acontecido en Lugo afecte á Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG asegura que o "Tamayazo" de Lugo non afectará ás negociacións na Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán inicia a súa despedida da Deputación "en diferido"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Carmela Silva, elixida oficialmente candidata a presidir a Deputación: "Es un honor y una enorme emoción"
Por Alejandro Espiño |
-
"Tarde piaches" contesta Lores a Louzán ante a súa insistencia de pacto na Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |