O Partido Popular designa a Rafael Louzán deputado por Cambados
Por Oskar Viéitez
Os representantes do PP na Deputación Provincial polo partido xudicial de Cambados serán Rafael Louzán Abal, número 2 da candidatura popular de Ribadumia e presidente provincial do PP; e Luis Arangunde presidente e voceiro do PP de Cambados.
Así o decidiron os representantes locais dos 9 concellos que conforman o partido xudicial de Cambados.
A xuntanza celebrouse na sede local de Ribadumia, onde os asistentes acordaron propoñer a Luis Aragunde, de Cambados e ao actual presidente da Deputación en funcións e líder dos populares na provincia, Rafael Louzán Abal, como deputados.
Neste caso, Rafael Louzán repite como deputado, mentres que Luis Aragunde substituirá a José Luis Pérez Estévez, alcalde de Meis.
Só quedan por designar aos deputados polo partido xudicial de Pontevedra e Lalín
Como suplentes estarán: Salomé Peña, voceira do PP de Ribadumia, María Deza Martínez, número cinco do PP de Sanxenxo, e Javier Tourís Romero, número dous do PP de Vilanova de Arousa.
Os futuros deputados de ambos partidos xudiciais foron ratificados este mércores na xunta electoral de zona polos representantes dos concellos.
Só quedan por designar aos deputados polo partido xudicial de Pontevedra e Lalín.
GOBERNO PROVINCIAL
O presidente en funcións da Deputación de Pontevedra e líder provincial do PP, Rafael Louzán, anunciara tras coñecer o resultado das eleccións municipais do pasado 24 de maio que se hai unha coalición de goberno na administración provincial non sería deputado neste ente no próximo mandato.
"Quen lles fala, se hai unha coalición de Goberno, non estará na futura corporación", declarara. Esto quere decir que o PP mantén aberta a posibilidade de volver gobernar na deputación pontevedresa.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán abandona a Deputación tras presentar a súa dimisión como deputado
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira ocupará un "escaño" na Deputación en 2017
Por Redacción |
-
Mosquera acusa a Louzán de deixar a Deputación "arrasada" cun reparto de fondos "caciquil"
Por Alejandro Espiño |
-
Tamén o PSOE descarta que o acontecido en Lugo afecte á Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán asegura que a "gran vocación" do BNG é "dar carnés certificados de boa conduta" pero "con moral dobre e hipócrita"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O BNG asegura que o "Tamayazo" de Lugo non afectará ás negociacións na Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán: “Desde o PP estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan”
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |