203 aspirantes fan as probas físicas para o acceder á titulación en Ciencias do Deporte
Por Redacción
Un total de 203 mozos chegados de diferentes puntos de Galicia, pero tamén desde o País Vasco, La Rioja ou Canarias, fixeron este mércores as probas físicas para acceder ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, un requisito previo motivado polas características desta titulación que “unha porcentaxe moi elevada conseguiu superar”, como explicou a súa coordinadora, a profesora Miriam Alvariñas.
Por ese motivo, serán o expediente académico e a nota da selectividade os que determinen cales destes 203 candidatos retornarán ao campus en setembro.
Hai que amosar unhas capacidades mínimas en materia de habilidade ximnástica, resistencia física, forza explosiva de membros inferiores e superiores, axilidade con obstáculos, mobilidade articular e adaptación ao medio acuático constitúen o propósito destas probas, das que os aspirantes deben alcanzar ou superar as marcas mínimas establecidas en seis dos exercicios para obter a cualificación de apto.