A selectividade de setembro arrinca con Cortázar, García Márquez, Aristóteles e Fernando VII
Por Mónica Patxot
Os exames da selectividade, a denominada proba de acceso á universidade (PAU), arrincaron no Campus de Pontevedra con preguntas sobre Cortázar, García Márquez, Aristóteles ou Fernando VII.
En Galicia son máis de 2.300 alumnos os que se matricularon para a convocatoria de setembro que se celebrará entre este mércores e o venres desta mesma semana.
Os primeiros exames foron os de Lingua Castelá e Literatura. Ademais dos exercicios gramaticais e léxicos, preguntábase aos alumnos polas obras 'Plenilunio' e 'A Fundación', ademais da narrativa hispanoamericana de segunda metade do século XX (Cortázar, García Márquez) ou a literatura española do século XVIII.
Posteriormente, celebrouse o exame de Historia de España onde se pedía a composición dun texto histórico a partir de certos fragmentos de documentos sobre a cuestión nacional en España e o reinado de Fernando VII.
Así mesmo, en Historia da Filosofía, caeron textos de Aristóteles e de Locke.
Na sesión da tarde, celebráronse tamén os exames correspondentes ás materias de Lingua Galega e Literatura e Lingua Estranxeira.