San José construirá o primeiro tramo da Autovía A-57 por 59,5 millóns
Por Redacción
A empresa Construtora San José, S.A. gañou a adxudicación do contrato das obras da Autovía A-57, no tramo comprendido entre Vilaboa e A Ermida.
A oferta feita por San José rebaixa nun 32% o presuposto base de licitación, comprometéndose a construír este tramo da chamada circunvalación de Pontevedra pola cantidade de 59.460.141,40 euros (IVE incluído).
O prazo de execución é de 40 meses, segundo informa o portal de contratacións do Estado.
A Dirección Xeral de Estradas, dependente do Minsiterio de Fomento, tivo que elixir entre as 21 ofertas recibidas sendo a da construtora San José "a máis vantaxosa".
Relacionadas:
-
O BOE oficializa a adxudicación das obras da autovía A-57 a San José
Por Redacción |
-
Marea pedirá no Pleno que o Concello de Pontevedra se postule contra a autovía A-57
Por Redacción |
-
20.000 sinaturas piden a Fomento que paralice a autovía A-57
Por Redacción |
-
Ana Pastor anuncia que as obras da "circunvalación" A-57 entre Vilaboa e A Ermida arrancarán este verán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |