Esixirán aos propietarios dos antigos Almacenes Barcia que rehabiliten o inmoble
Por Alejandro Espiño
Oito inmuebles do Centro Histórico atópanse en estado semiruinoso. Son as "ovellas negras" da zona monumental de Pontevedra. Por iso é polo que o Concello de Pontevedra púxose ao choio. O goberno municipal púxose en contacto cos propietarios de ditos edificios para recordarlles a súa obriga de manter as súas propiedades en bo estado, especialmente ante o risco que supón para a seguridade dos veciños.
Un caso especial, dixo o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, é o dos antigos Almacenes Barcia, na rúa César Boente. A súa situación é tan precaria que o Concello de Pontevedra esixiu aos seus propietarios que acometan a reforma urxente do edificio. E é que nun primeiro contacto "non mostraron intención de impulsar a reforma", debido, segundo o edil socialista, a un problema entre os herdeiros.
"Se a situación económica fose outra, o Concello de Pontevedra actuaría con carácter subsidiario, é dicir, realizariamos a obra con cargo aos orzamentos municipais e despois repercutiriamos todos os gastos aos propietarios", afirmou Antón Louro, quen recordou que a reforma deste inmoble é unha das demandas máis reiteradas dos comerciantes do centro histórico.
O caso de Almacenes Barcia volveu á actualidade ante a negativa do Concello de Pontevedra á petición de licenza dun dos seus propietarios que pretendía a desmontaxe controlada de elementos singulares e a restruturación do inmoble previo baleirado interior. Louro explicou que se debía a que "non daba moitos detalles sobre as súas intencións", algo obrigado ao tratarse dun edificio catalogado patrimonialmente.
Ademais deste edificio, Antón Louro citou o caso doutro inmoble na rúa Tetúan, apontoado actualmente. O problema con el é que o Concello de Pontevedra non é capaz de localizar ao seu actual propietario.