Como se manexa unha bicicleta adaptada?
Por Diego Torrado
A asociación Amizade organizou durante este domingo 7 unha actividade para que todas as persoas que quixeran probar puidesen subirse a unha handbike, unha bicicleta adaptada, para realizar un percorrido pola avenida Montero Ríos.
Con este acto pretendíase sensibilizar á sociedade das dificultades que ten unha persoa con discapacidade á hora de practicar deporte debido aos elevados custos e á falta de espazos preparados para que poidan realizar exercicio. Ademais, o colectivo pretende fomentar o deporte para todos e reivindicar instalacións deportivas accesibles.
Amizade nace na bisbarra de Pontevedra co obxectivo de lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e traballa para concienciar os veciños sobre a necesidade de crear ámbitos inclusivos que acollan á diversidade de persoas que existen sen discriminación.