Calculan 250 festas ilegais de Fin de Ano en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Os empresarios de discotecas calculan que haberá entre 250 festas ilegais de Fin de Ano en Pontevedra.
Supón un descenso respecto ao ano anterior, segundo o presidente da Federación de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga), Samuel Pousada, "como sempre presentamos unha denuncia preventiva para que os concellos tomen as medidas oportunas para que non se leven a cabo".
No 80 por cento dos casos trátase de locais con licenza de apertura pero que non piden o permiso necesario para celebrar esa festa extraordinaria, o que leva aparellado unha serie de medidas de seguridade.
O resto son locais sen acondicionar, sen licenza de ningún tipo, casas privadas, garaxes ou naves abandonadas onde se organizan festas que cobran entrada a quen queiran asistir.
Este tipo de festas ilegais son "auténticas bombas de reloxería"
"En ocasións vémonos obrigados a contratar detectives privados para poder denunciar algunhas destas festas, desexaríamos non ter que facer de policías".
Pousada reclamou a regulación deste sector e advertiu que este tipo de festas ilegais son auténticas "bombas de reloxería".
O presidente dos empresarios de Discotecas considera que a traxedia da festa de Halloween no Madrid Arena serviu para que exista unha "maior concienciación" sobre as festas ilegais "esperemos que os responsables manteñan esa vixilancia na seguridade deste tipo de recintos".
Desde a patronal das Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia piden tamén responsabilidade aos mozos "para que fuxan de todo este tipo de festas ilegais"