Máis de 200.000 euros para completar o pavimentado de varios viais do rural de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de ponte Caldelas completou unha serie de obras de pavimentación de viais que supón un investimento de máis de 200.000 euros con cargo ao Plan Provincial de Obras 2015 da Deputación de Pontevedra. O alcalde, Perfecto Rodríguez, visitou este mércores a pavimentación dun dos camiños, en concreto o de Rocha de Abaixo.
As obras incluíron reparacións e melloras en viais de titularidade municipal en varios núcleos rurais do municipio, co obxectivo de mellorar a accesibilidade a vivendas e núcleos de poboación.
Segundo informou o Concello, investíronse 31.000 euros na pavimentación do acceso á Costiña en Caldelas e 44.500 euros no camiño central de Tourón, o camiño dos Francos e o camiño de Rocha de Abaixo. Só resta por finalizar a execución do camiño en Tourón para completar o Plan.
Ademais, destinaron 85.500 euros a reforzar o firme de varios camiños de titularidade municipal en varios núcleos de poboación como Pazos, Ramal do Cemiterio de Caldelas, Anceu (Os Casás) e Esfarrapada e 41.000 euros en mellorar o firme do camiño do Lombo en Cuñas e dun ramal en Buchabad.
Relacionadas:
-
Veciños de Tourón reclaman ampliar a Casa do Pobo e máis atención para a área arqueolóxica
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas quere que a Deputación repare a estrada de Pazos antes de que sexa transferida
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha un plan de roza e limpeza dos seus camiños rurais
Por Redacción |