Escasa incidencia da folga de Paradores en Pontevedra e Cambados
Por Diego Espiño
Dos 31 empregados do parador de Cambados e os 29 da instalación de Pontevedra, tan só o 10% deles secundaron unha nova xornada de folga convocada a nivel nacional para o luns 31 de decembro e martes 1 de xaneiro ante os plans de Paradores de reducir centros e persoal.
O seguimiento é similar ao das dúas primeiras xornadas na Casa do Barón de Pontevedra pero non así en Cambados, onde case a totalidade dos empregados apoiara a protesta con anterioridad, unha folga que si foi seguida maioritariamente noutros centros galegos.
Na provincia de Pontevedra a intención inicial de Paradores era realizar 18 despedimentos: 10 en Baiona, 5 en Pontevedra e 3 en Cambados, ao que habería que sumar o peche durante cinco meses ao ano da instalación de Tui, o que supoñería o paso á categoría laboral de fixo discontinuo a 24 traballadores. Estas cifras, segundo os sindicatos, foron rebaixadas pola empresa aínda que segue sen producirse un acordo, como recoñece o representante de UGT Hostelería José Antonio Boullosa, "bajan los despidos y aumentan la indemnización pero a cambio piden bajar el salario y el plus de productividad".
O mércores día 2 de xaneiro poderíase poñer fin ao periodo de consultas do ERE cunha nova reunión entre representantes sindicais e de Paradores.
Relacionadas:
-
O ERE de Paradores cóbrase 35 despedimentos en Galicia, dous deles en Pontevedra e un en Cambados
Por Redacción |
-
Segunda xornada de folga en Paradores: en Pontevedra de novo "non secundaron os paros"
Por Redacción |
-
Folga de Paradores: escasa incidencia en Pontevedra e total en Cambados
Por Anxo Lourido |