Imputan ao presunto autor dun incendio forestal en Meaño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Pontevedra veñen de informar da imputación do presunto autor dun delito de incendio forestal no concello de Meaño.
O pasado 18 de maio, axentes da Policía Autonómica procederon á imputación dun veciño, como presunto autor dun delito de incendio forestal na parroquia de Simes, no concello de Meaño, e que afectou a unha superficie de 7.300 metros cadrados de superficie arborada e raso.
Destácase a colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais, e na extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Cambados.
Na campaña deste ano, a Policia Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 15 persoas por delitos de incendios forestais.