A Xunta está a levar a cabo obras en estradas de Cambados e Barro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta está a levar a cabo obras en estradas de Cambados e Barro.
En Barro actuouse nos lugares de Fonte do Curro, Triabá, Coruto e Ansós, nas parroquias de Curro, Perdecanai, Barro e A Portela.
As obras tiveron como obxectivo a mellora dos accesos en catro puntos do concello para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados.
Os traballos no municipio de Cambados leváronse a cabo nos lugares de Baltar, San Antón e Sameiro, e en total melloráronse máis de 1,2 quilómetros.