Un repartidor de pizzas encáixase contra un coche en Santa Margarida
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un repartidor de pizzas que circulaba en moto á altura de Santa Margarida, na parroquia de Mourente, resultou ferido tras colisionar frontalmente contra un coche.
Aínda que a violencia do golpe facía presaxiar un tráxico final, o mozo tan só resultou ferido con distintas contusións, segundo informaron dende a Policía Local de Pontevedra.
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia informou deste suceso ás 13:50 horas deste domingo.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu este fin de semana na provincia de Pontevedra un total de 24 accidentes en estrada con feridos.