Os alumnos da Reigosa apúntanse á agricultura
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/561/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/554cfff228-dsc_0009-copia.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/639/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/554d004438-dsc_0010-copia.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
Alumnos de 5º de Primaria do CEIP da Reigosa mostraron os seus dotes de agricultura poñendo en marcha un horto ecolóxico no que colabora a comunidade educativa e o Concello de Ponte Caldelas.
En bancais elevados e sobre piares de madeira habilitáronse varios cultivos en terra ecolóxica previamente tratada e enriquecida para favorecer unha maior produtividade.
Os escolares seguiron as indicacións de monitores e profesores ensaiando métodos biolóxicos para combater pragas ou para lograr procedementos de abono natural.
Para que a iniciativa se puidese levar a cabo do Concello construíu no centro educativo un invernadoiro e achegou terra ecolóxica e o material necesario.
A idea dos organizadores do proxecto pasa por que todos os elementos utilizados na conservación e plantación sexan totalmente ecolóxicos e sen presenza de elementos químicos.