59.000 euros para asegurar as obras do Museo, valoradas en 156 millóns
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os seis edificios do Museo de Pontevedra teñen obras de arte valoradas en 156 millóns de euros. Aseguralas non é doado e, sobre todo, non é económico. A Deputación Provincial ven de prorrogar o seguro por 59.000 euros anuais.
O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, anunciou este venres que a Xunta de Goberno prorrogou o contrato durante un ano coa compañía 'Nationale Suisse, Compañía de Seguros e Reaseguros'.
En total, no Museo hai 20.500 obras de arte. As do Sexto Edificio son as de maior valor, fixado en 65,1 millóns de euros. As do edificio de Castro Monteagudo, en 30; as de García Flórez, en 10; as de Fernández López, en 45; as do Sarmiento, en un millón; e as das Ruínas de San Domingos, en 4,8 millóns.
Louzán considera que esas datas significan que o Museo de Pontevedra é a "institución de referencia" en Galicia en canto a conservación, restauración e posta en valor da cultura galega, tanto polo seu número de doazóns como polo de depósitos que recibe.