Bolsas de 375 euros mensuais para 170 pontevedreses que realizarán prácticas empresariais ata agosto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Casa da Luz converteuse no espazo destinado para que 97 dos 170 participantes recibisen este xoves 7 de maio a información para iniciar a partir do venres as prácticas en empresas cunha dotación de 375 euros mensuais brutos durante tres meses que se lles achega en concepto de desprazamento a través do Concello de Pontevedra. Esta proposta busca a integración destas persoas no mercado laboral.
A concelleira de Promoción Económica, a socialista Carlota Román, acudiu ata o edificio do centro histórico para desexar sorte aos participantes, entre os que tamén se encontran persoas de mediana idade, ademais de numerosas mulleres. Dous dos principais colectivos que encontran máis dificultades para obter emprego no mercado laboral.
Os requisitos para participar neste terceiro plan de emprego centrábanse en encontrarse empadroado en Pontevedra, cumprir 18 anos, estar en situación de desemprego e dispoñer de capacidade funcional para exercer as funcións que se lles solicita.
Estes contratos que os particulares asinarán agora coas empresas poden suspenderse en caso de que algunha das partes non se sinta satisfeita ou por algunha outra razón, segundo explicaron dende a concellaría de Promoción Económica, e os participantes cobrarán a parte proporcional que lles corresponda.
Relacionadas:
-
O PSdeG-PSOE propón destinar 500.000 euros para complementar o plan de emprego da Deputación
Por Redacción |
-
Abre o prazo de inscrición do terceiro Plan de Emprego municipal con 170 novas prazas
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas atoparon traballo tras participar nas iniciativas municipais de emprego
Por Alejandro Espiño |