O festival 'Placeres Music' dará inicio o sábado 23 ás festas patronais de Lourizán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Marta Ruby & Joana Best, Dumore, Dj Hermix, Traffic House, Khris Guez, Discoteca móvil Galimovil e Pablo Méndez. Son as oito actuacións que conforman o cartel do Placeres Music que este ano marca o inicio das festas na honra da Virxe dos Placeres en Lourizán.
Varios espectáculos de performances e gogós completan o cartel deste festival que se celebrará o sábado 23 de maio.
A festa continuará o domingo coa actuación de dúas orquestras e o luns unha tirada de fogos de artificio anunciará o inicio do día grande. Haberá pasarrúas e unha misa solemne cantada polo coro parroquial e seguidamente unha procesión que contará co acompañamento dunha charanga ao mediodía.
Xa pola tarde haberá un novo acto litúrxico e pola noite novamente as orquestras porán a nota musical a unha xornada que finalizará cunha gran tirada de fogos de artificio.
O fin de festa será o martes cun día dedicado aos máis pequenos da parroquia.