Poceiro opta a sumar un cuarto mandato en Vilaboa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou este venres o seu "total apoio" a José Luis Poceiro no reto de alcanzar o seu cuarto mandato consecutivo no concello de Vilaboa.
Segundo o líder socialista, Poceiro "ofrece garantías" e o seu proxecto é "a mellor opción para facer fronte á crise" destacando as políticas sociais das que o actual rexedor de Vilaboa "fixo bandeira".
Poceiro estivo arroupado na presentación da súa candidatura pola deputada autonómica e exconselleira, Carmen Gallego, veciña de Vilaboa, e polo secretario provincial do PSOE, Santos Héctor Rodríguez.
A candidatura dos socialistas en Vilaboa complétase con María Canosa Otero como número dous, seguida por César Poza González, Dolores Cerqueiro Peón, Ricardo Acuña Otero, Francisco Costa Fernández, José Luis Madrazo Viadero, Cristina Meira Ríos, Diego Ferreira Guerra, Lucía Baltasar Lorenzo, Elena Narciso Seoane, Natalia Reguera Palmeiro e Enrique López Patricio.