Marín pavimentará os camiños de oito parroquias con fondos do plan provincial de obras e servizos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou incluír no plan provincial de obras e servizos 2015 unha partida de 176.676 euros para pavimentar 12 camiños do concello de Marín.
Segundo o acordo adoptado na xunta de goberno celebrada este xoves, os traballos realizaranse en vías rurais das parroquias de Ardán, Loira, O Campo, Seixo, Mogor, San Xulián, Santo Tomé e Marín.
Renovarase o pavimento, limparanse as gabias e acondicionaranse os bordes dos camiños en Malvido e A Teoira (Ardán), no Camiño en A Cova (Loira), en Ameal (O Campo), en Castro (Seixo), en Raposoeiras (Mogor), en Costa Landeira e en Carballal (San Xulián), en Pereiro (Santo Tomé), en Arealonga e en Pumariño (Marín).
Con estas obras tamén se vai propiciar a mellora das deficiencias nos sistemas de recollida e conducción das augas existentes nestas zonas. Ademais, os traballos tamén inclúen a renovación e o acondicionamento das rasantes das tapas de pozos e arquetas para adaptalas á normativa vixente e ás novas características das vías melloradas.