Jazz, timbas de poker, concertos ou batukada na peculiar precampaña de Sanxenxo Pode
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A formación política Sanxenxo Pode está a organizar actividades e a promover opcións distintas nesta precampaña. Tras unha noite de jazz en Portonovo e unha timba de poker solidario na que recolleron doazóns para o Banco de Alimentos, organizan este vindeiro domingo ás 18.00 horas unha batucada na praza dos Barcos de Sanxenxo.
A este evento seguirá un concerto do coñecido músico Al Vila o sábado 9 de maio, unha marcha ciclista para reivindicar máis carrís bici o domingo 10 de maio ás 11.30 horas e un serán na praza de Vilalonga o día 16 pola tarde.
Tamén están a sortear no seu Facebook algúns agasallos que lles foron doados.
Sanxenxo Pode quere destacar a súa "aposta clara" pola cultura, o deporte, o patrimonio e o medio ambiente como bases dun crecemento sostible para Sanxenxo.
"A creatividade e o pensamento diverxente son esenciais na política do século XXI", sinalan.