Furta 14 camisetas nunha tenda e píllano porque vai pola rúa con actitude sospeitosa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Nacional conseguiu 'pillar' ao suposto autor dun furto de roupa nunha tenda do casco histórico porque o seu propio comportamento o delatou. O home ía pola rúa en actitude sospeitosa cunha bolsa na man e os axentes déronlle o alto.
O presunto ladrón é un home de 37 anos con antecedentes policiais natural da Coruña e atribúeselle un delito de furto nunha tenda de roupa que se trasladou recentemente a un novo local na rúa Manuel Quiroga.
Os feitos aconteceron sobre as 20.45 horas deste martes cando unha dotación policial patrullaba en tarefas de prevención da seguridade cidadá nas inmediacións da praza de Méndez Núñez e os axentes observaron un individuo na citada actitude sospeitosa.
Os axentes identificárono e localizaron no interior dunha bolsa 14 camisetas valoradas en 258 euros. O propio home recoñeceu que as subtraera pouco antes na citada tenda de Manuel Quiroga. O atestado xa foi remitido ao Xulgado de Garda.