Queres un cabalo? O Concello poxa un: prezo de saída, 40 euros
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra organiza este xoves 15 de abril unha poxa pública dunha res mostrenca capturada a primeiros de mes na estrada de Vilagarcía.
O cabalo que se atopa baixo custodia municipal, non dispón do correspondente chip polo que non puido devolverse ao seu dono.
Trátase dun cabalo duns cinco anos, que se poxará a partir das 12.30 horas na sala de reunións do edificio municipal administrativo da rúa Churruchaos, 2. O prezo de saída será de 40 euros.
Este prezo de saída deberá ser depositado na Tesourería Municipal polos poxadores, en concepto de fianza.
De quedar deserta a poxa, o Concello fará entrega destes animais á Xunta de Galicia en virtude do artigo 28 do decreto 142/2012 sobre as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos equinos en Galicia.