Foxe do supermercado sen pagar e co carriño da compra cheo
Por Oskar Viéitez
Un home de 25 anos de idade, natural de Romanía, con antecedentes policiais, foi detido por axentes da Policía Nacional como presunto autor dun "sinpa", é dicir, unha falta de furto ao marchar dun establecemento comercial de Marín sen pagar a compra.
O feito tivo lugar o sábado día 12 de abril sobre as 20:55 horas, cando se recibiu unha chamada na Central da Comisaría Provincial na que se alertaba da presenza dun home nun supermercado de Marín, que tras subtraer múltiples produtos tería saído fuxindo á carreira co carriño, tras a cal se subiu a un vehículo e fuxiu dirección Pontevedra.
Por iso montouse un dispositivo para tratar de localizar o vehículo que foi interceptado na Avenida das Corbaceiras polos axentes, que procederon á identificación do condutor e copiloto.
Os axentes observaron como no interior do coche se encontraban os produtos subtraídos do supermercado.
Os axentes procederon á detención do copiloto, quen recoñeceu ser o autor da subtracción e quen lle incautaron os produtos valorados en 156,60 euros.
Unha vez prestada declaración en dependencias policiais foi posto a disposición da Autoridade Xudicial.