Calcinadas tres hectáreas de monte xunto ao polígono de Trabanca Badiña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tres hectáreas de monte arderon este sábado nas proximidades do polígono de Trabanca Badiña.
Os servizos de emerxencia esforzáronse para que as chamas non alcanzasen a casas próximas á zona así como ás naves desta área empresarial.
O lume localizouse arredor das 18,30 horas nun terreo abandonado.
Nos traballos de extinción participaron o equipo de Emerxencias Municipal de Vilagarcía, os Bombeiros, a Policía Local, un vehículo de extinción da Xunta e o helicóptero de Medio Rural.