Rescatado un submarinista na praia da Lanzada
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un home foi rescatado este sábado por unha embarcación de Protección Civil cando se encontraba nunha situación de perigo mentres practicaba submarinismo na praia da Lanzada.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 13,00 horas e, xunto ao home, mergullábase outro submarinista que saiu polos seus propios medios da auga.
Foron uns turistas os que alertaron os equipos de rescate tras ver o submarinista braceando intentando pedir auxilio.
Curiosamente ao ser rescatado e subir á lancha o submarinista mostrou a súa sorpresa xa que se encontraba perfectamente. Explicou que os xestos que os turistas interpretaron como unha petición de socorro eran indicacións dirixidas ao seu compañeiro de mergullo.
Ademais da Garda Civil foron alertados os servizos de Salvamento Marítimo, os Gardacostas e efectivos de Protección Civil do Grove.