Francisca Fariña presenta a súa dimisión como decana de Ciencias da Educación e do Deporte
Por Redacción
Deixar paso a un novo equipo decanal, que se prepare para asumir "un traballo moi importante, como é a acreditación das nosas titulacións" e centrarse en "proxectos abertos aos que non estou a dedicar todo o tempo que necesitan" son os motivos que levaron a Francisca Fariña a presentar a súa dimisión como decana de Ciencias da Educación e do Deporte.
A catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor, que este xoves informaba da súa decisión á Xunta de Facultade despois de terlla trasladado aos responsables da institución académica, explicou tamén que continuará á fronte do centro como decana en funcións ata a celebración dunhas novas eleccións.
"Penso que servín a esta facultade o mellor que puiden durante bastante tempo e considerando que imos ter que acreditar as nosas titulacións, un traballo moi importante, que vai requirir moito esforzo e que vai coincidir co tempo no que eu tería que deixar o Decanato por cumprirse os prazos, é importante que se cree no centro un equipo forte que dentro dun ano teña un coñecemento profundo das titulacións e poida defender o mellor para a facultade e a Universidade", afirmou Fariña.
A facultade deberá acometer ao longo dos próximos dous anos o máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo o vindeiro curso, e os tres graos que se imparten no centro, Educación Infantil, Educación Primaria e Ciencias da Actividade Física e do Deporte, no 2016/2017, deberán superar esta acreditación, que a partires deste curso deben obter todas as titulacións do sistema universitario galego para seguir impartíndose.
De aí que Fariña incidise en que "é de xustiza que novo equipo teña tempo para afrontar este proceso".
Relacionadas:
-
Un árbitro é un pacificador para as familias en conflito
Por Redacción |
-
Un novo servizo facilitará aos pontevedreses resolver os divorcios sen acudir ao Xulgado
Por Redacción |
-
Ciencias da Educación aspira a ser a segunda facultade española integrada na Unesco
Por Oskar Viéitez |
-
Sen sorpresas, Francisca Fariña repite como decana de Ciencias da Educación e do Deporte
Por Redacción |