Os pontevedreses, coas vítimas do accidente aéreo acontecido nos Alpes Franceses
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Na cidade de Pontevedra gardouse este mércores un minuto de silencio en todas as sedes das administracións públicas en memoria das vítimas do accidente aéreo acontecido este martes no Alpes Franceses.
O alcalde de Pontevedra, o presidente da Deputación e o Subdelegado do Goberno uníronse á dor polo accidente aéreo acontecido, tras estrelarse un avión da compañía alemá Germanwings que realizaba o traxecto de Barcelona a Düsseldorf.
Algúns cidadáns uníronse ás concentracións celebradas a mediodía en memoria das 150 vítimas, 51 das cales eran españolas.
O subdelegado, Antonio Coello mostrou "las más profundas condolencias a las familias de las víctimas". Igualmente o presidente provincial, Rafael Louzán, comunicou que a Deputación suspenderá toda a súa axenda pública durante tres días.
Igualmente diante dos Concellos de Marín e Poio gardáronse minutos de silencio. Tamén houbo mostras de solidariedade no campus de Pontevedra.