Fiscalía pide 38 anos de prisión para os catro detidos por introducir 100 quilos de coca nun cargamento de bananas
Por Redacción
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra sinalou para o próximo martes día 24 o xuízo contra catro homes acusados de delitos contra a saúde pública e constitución de grupo criminal.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o fiscal antidroga de Pontevedra, Luis Uriarte, acúsaos de formar parte dun grupo organizado que pretendía importar cocaína dende Sudamérica camuflada en colectores de mercadorías con destino ao porto de Marín.
Interviñéronse máis de 100 quilos de cocaína nunha carga legal de bananas que chegaron ao porto en novembro de 2013.
O fiscal pide nove anos e medio de prisión e unha multa de 15 millóns de euros para cada un deles. Trátase do veciño da Illa de Arousa, Bruno Santiago Allo, de 35 anos, o vilanovés Serafín Carro Pérez, de 38 anos e dos colombianos Alfredo Arias García, de 68 anos, e o seu xenro Jairo Alberto Restrepo Romero.