A ANPA do Sagrado Corazón de Praceres reclama o asfaltado dos accesos ao colexio
Por Redacción
A asociación de nais e pais (ANPA) do Colexio do Sagrado Corazón de Placeres invitou ao goberno local de Pontevedra que se achegue a ver o "lamentable estado" no que se atopa a rúa de entrada ao seu centro escolar.
Segundo comunicou a presidenta da ANPA, Pilar Dopazo, esta invitación súmase aos escritos enviados dende o propio colexio, a comunidade de relixiosas que viven nel e incluso a concelleira asignada ao seu centro para os consellos escolares.
"Non pedimos nada máis que o que é de total necesidade", sinala Dopazo.
"Dende a saída do túnel que pasa por debaixo da autovía Marín Pontevedra ata a misma entrada ao colexio faise casi imposible a circulación de coches, autobuses, camións e mesmo ambulancias", afirman nun escrito difundido aos medios.
Esta portavoz apunta que "sortear tanto bache en horario de entradas e saídas é imposible pois a estrada é de dous carrís sen beirarrúa e botarse a un lado para deixar pasar ao de enfrente é totalmente imposible".