As camelias chegan ás aulas de Campolongo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As camelias volven ao colexio de Campolongo. Un ano máis, e xa van trece, organízase a Exposición da Camelia, na que varios cultivadores expoñerán as súas plantas e os alumnos do centro educativo farán o propio coas súas creacións durante tres días.
A exposición, que se inaugura este martes 17 de marzo ás 18.00 horas, inclúe concursos e premios de flores, presentación artística (con flores naturais), redacción, fotografía, poesía, traballos manuais e debuxo e pintura para o alumnado do centro.
A mostra pódese visitar en horario lectivo e está organizada pola comunidade educativa coa colaboración do Concello de Pontevedra, a Asociación Española da Camelia, a Deputación de Pontevedra, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, a ANPA San Xosé do Centro e a asociación de veciños San José de Campolongo.