Traballadores de 65 empresas súmanse á parada anual de ENCE
Por Redacción
O Centro de Operacións de Ence en Lourizán realiza a partir deste luns 16 de marzo a súa parada anual, de tal maneira que durante unha semana cesa por completo as súas actividades de produción de celulosa e enerxía para executar accións de mantemento e mellora das instalacións. Este ano, profesionais vencellados a un total de 65 empresas traballarán da man do persoal de Ence.
Segundo informa a empresa a través dun comunicado, as actuacións desta parada técnica anual de Ence prolongaranse ata o luns 23 de marzo e están presupostadas en 6,5 millóns de euros. Máis de 2,5 millóns de euros -o 40% do presuposto- destinarase a continuar efectuando melloras ambientais nas instalacións.
De cara a esta parada, a empresa presume de que o Centro de Operacións de Ence en Pontevedra é dende hai anos unha referencia a nivel mundial en xestión ambiental no seu sector e avanza que quere consolidarse nesta posición, de modo que continuará incorporando tecnoloxía destinada a continuar avanzando cara ao Obxectivo Olor Cero. As actuacións relacionadas con este proxecto e que forman parte da parada teñen un presuposto de máis de dous millóns de euros.
As melloras en materia de eficiencia e redución de custos son outro dos grandes obxectivos da parada e un campo ao que destinan máis de dous millóns de euros. A celulosa procedente de madeira galega que Ence exporta a países de toda Europa compite nun mercado internacional cada vez máis competitivo.
Durante a parada técnica tamén se efectuarán melloras tecnolóxicas destinadas a manter á factoría a vangarda en seguridade e saúde laboral, así como reposicións de equipos en diferentes áreas da fábrica.
MADEIRA MÁIS CARA
Este domingo a empresa aproveitou para informar de que o prezo que paga pola madeira incrementouse nun 14,28% no último trienio. No ano 2012 pagaba aos produtores forestais un prezo medio de 35 euros por cada tonelada de madeira adquirida en Galicia para as súas fábricas de Pontevedra e Navia (Asturias) e no ano 2014, o prezo medio pagado pola madeira orixe ascendeu a 40 euros.
Relacionadas:
-
ENCE comeza o luns a súa parada técnica anual, na que investirá 4,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Máis de mil traballadores de empresas auxiliares participan na parada técnica de ENCE
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Ence afronta dende o luns a súa parada técnica anual
Por Redacción |
-
A parada técnica de ENCE xerou un total de 2.100 pernoctas na cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Unhas 700 persoas participan na parada técnica de ENCE
Por Oskar Viéitez |