Quen é o alumno da ESO que escribe mellor?
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Alumnos pontevedreses de 2º da ESO participaron este venres na proba escrita da sétima edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos-Premio de Relato Curto.
No 2015 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz, por iso os rapaces tíñanse que basear para a composición dos seus relatos na luz.
Os participantes no concurso dispoñían de dúas horas de tempo e non podían exceder do caderno oficial do concurso (dous folios por ambas dúas caras).
Como sempre, este ano a iniciativa tamén conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Tras a proba, o xurado provincial elixirá os mellores relatos rexionais e posteriormente o mesmo xurado seleccionará un gañador autonómico, que terá un premio moi especial