Sanxenxo abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais
Por Redacción
Dende o próximo luns 16 de marzo e ata o 16 de abril, inclusive, permanecerá aberto o prazo de inscrición para as escolas infantís municipais de Sanxenxo.
As persoas interesadas poderán solicitar reserva de praza ou novo ingreso nas escolas do Tombo (Padriñán) e O Revel (Vilalonga) para o curso lectivo 2015-2016 entregando a documentación requirida no rexistro do Concello ou no de Terras de Sanxenxo, no Pazo Emilia Pardo Bazán.
Finalizado ese prazo só se admitirán solicitudes en casos de nacemento, acollemento ou adopción posterior, cambio de domicilio familiar ou circunstancias similares.
Unha vez publicadas as listas definitivas abrirase un prazo para a aceptación da praza que irá dende o 15 ao 31 de xullo.