A Deputación concede 215.500 euros para reposición de servizos en A Caeira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na súa xunta de goberno a concesión dunha axuda de 215.574 euros ao Concello de Poio para reposición de servizos na rúa Río Tambre, en A Caeira, na parroquia de San Salvador de Poio.
A obra está incluida no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 e consistirá na reposición integral da rede de servizos na citada rúa, cun prazo de execución de catro meses.
O traballo aprobado renovará nesta rúa as canalizacións de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións e rede eléctrica soterrada, xa que o estado actual destas redes está moi deteriorado polo uso e polo paso do tempo.
Aproveitando estas obras nas redes municipais, procederáse a instalar canalizacións soterradas para a rede de telecomunicacións e subministración eléctrica que, na actualidade, son áreas.