Imputan un pontevedrés por un incendio forestal imprudente que queimou 12 hectáreas en Xeve
Por Redacción
A Policia Autonómica imputou un veciño de Pontevedra como presunto autor dun incendio forestal rexistrado este sábado 7 de marzo na parroquia de Xeve, no que arderon 12.000 metros cadrados de superficie arborada.
Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, o lume rexistrouse no lugar de A Igrexa, na parroquia de Santa María de Xeve e para a investigación do lume contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) da Consellería do Medio Rural e do Mar.
O veciño imputado está considerado o presunto autor dun incendio forestal imprudente que tivo a súa orixe no escape dunha queima de restos agrícolas que fixo sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade.
Para sufocar o lume foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia e por estes feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas o Xulgado de Garda de Pontevedra.