Dúas persoas feridas nunha saída de vía na Lama
Por Redacción
O Centro de Atención de Emerxencias 112 alertou dun accidente de tráfico ás 15.51 horas no Concello da Lama.
Concretamente, o sinistro tivo lugar en Fontecova, na estrada entre Ponte Caldelas e A Lama pola Fraga.
Segundo informaron testemuñas presenciais o accidente consistiu nunha saída de vía dun vehículo modelo Mazda, co resultado de dúas persoas feridas, ao parecer con carácter leve, con golpes na cabeza.
Os feridos saíron polo seu propio pé e foron trasladadas a un centro sanitario por un familiar ao que chamaron por teléfono.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos de Protección Civil Verdugo-Oitavén que regularon o tráfico durante toda a tarde.