O PP solicitou unha comisión informativa polo 'impago' das bolsas municipais de emprego
Por Redacción
O concelleiro Pablo Fernández avanzou que o Partido Popular vén de solicitar a celebración dunha Comisión Informativa Extraordinaria para que o goberno local explique as actuacións que levaron a cabo en relación co Proxecto Prácticas en Empresas II.
O PP denunciou a existencia de "irregularidades" no cobro da remuneración das prácticas por parte dos participantes neste proxecto.
Segundo a oposición, aos 182 bolseiros prometéronlles unha remuneración de 375 euros mensuais polos traballos desempeñados, "pero polo momento tan só recibiron 49 euros, a pesar de que están a piques de rematar as súas prácticas ".
O Partido Popular xa denunciou esta situación no último pleno.
RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL
Dende o goberno municipal, sinalan que todas as ordes de pagamento xa foron asinadas polo departamento de Promoción Económica. Afirman que todo se debe ao rigoroso procedemento administrativo que teñen contratos deste tipo. En todo caso, insisten en que os beneficiarios destas bolsas xa se lles advertiu dende o primeiro momento que probablemente cobrarían todo ao remate dos seus contratos.
Relacionadas:
-
Os bolseiros do Plan de Emprego municipal cobrarán o que lles falta en "una o dos" semanas
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas atoparon traballo tras participar nas iniciativas municipais de emprego
Por Alejandro Espiño |
-
Os últimos participantes no Plan de Emprego Municipal incorpóranse aos seus postos de traballo
Por Diego Espiño |
-
O Plan de Emprego municipal refórzase con outros 51 traballadores
Por Redacción |
-
Un plan de emprego local "a pesar da Xunta"
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 180 desempregados poderán beneficiarse a partir de outubro do II Plan de Emprego Local
Por Alejandro Espiño |