Máis de 400 persoas atoparon traballo tras participar nas iniciativas municipais de emprego
Por Alejandro Espiño
Un total de 417 persoas lograron un contrato de traballo tras participar nas iniciativas de promoción de emprego que puxo en marcha o Concello de Pontevedra nos últimos tres anos. Así o destacou este luns a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. ÿ un 43,57% das 957 persoas que participaron nos dous primeiros plans de emprego municipal, os itinerarios do ILES ou as dúas feiras PonteEmprego.
Son, sinalou a edil do PSdeG-PSOE, "tres vías directas de apoyo al empleo" e que supuxeron un "esfuerzo" por parte do Concello de Pontevedra, do que recordou non ten competencias en políticas activas de emprego. En total, investíronse preto de dous millóns de euros nesta materia, co obxectivo de reducir a cifra que case 9.000 parados na cidade.
Neste sentido, Carlota Román apuntou que 500.000 euros se destinaron aos tres plans de emprego municipal -o terceiro, aprobado este luns-. Polos dous primeiros pasaron 428 persoas cunha inserción laboral posterior do 40%. Pola súa banda, da Iniciativa Local de Emprego Social (ILES) beneficiáronse 315 persoas cun 48% de inserción e nela investíronse millón e medio de euros.
TERCEIRO PLAN DE EMPREGO
Dentro deste esforzo presupostario, a concelleira de Promoción Económica enmarcou a terceira edición do Plan de Emprego municipal, cuxas bases foron aprobadas este luns pola Xunta de Goberno. Investiranse 200.000 euros para empregar 170 persoas en diferentes empresas do municipio. Contarán cun contrato a media xornada e cobrarán 375 euros mensuais durante un período de tres meses.
O Servizo Público de Empleo de Galicia será o encargado de realizar a selección previa de participantes e técnicos do ILES levarán a cabo as entrevistas persoais. Nesta ocasión, será un proceso "á carta". ÿ dicir, aos aspirantes buscaráselles unha empresa que se axuste ao seu ámbito de formación. Non poderán participar, en todo caso, os que gozasen xa dunha bolsa nas outras dúas edicións deste plan.
Terán prioridade neste plan os maiores de 50 anos, as persoas discapacitadas, as mulleres vítimas de violencia de xénero ou os mozos que non tivesen ningún traballo. Ademais, preténdese primar a aquelas persoas que non teñan estudos universitarios, xa que segundo Carlota Román, teñen máis dificultade para acceder ao mercado laboral.
Relacionadas:
-
Bolsas de 375 euros mensuais para 170 pontevedreses que realizarán prácticas empresariais ata agosto
Por Redacción |
-
Abre o prazo de inscrición do terceiro Plan de Emprego municipal con 170 novas prazas
Por Redacción |
-
Un curso para formarse en atención á infancia, o último do programa ILES
Por Redacción |
-
Os bolseiros do Plan de Emprego municipal cobrarán o que lles falta en "una o dos" semanas
Por Redacción |
-
Máis de 425.000 euros para contratar a 45 perceptores da Renda de Inclusión Social na comarca
Por Redacción |
-
O PP solicitou unha comisión informativa polo 'impago' das bolsas municipais de emprego
Por Redacción |
-
Os últimos participantes no Plan de Emprego Municipal incorpóranse aos seus postos de traballo
Por Diego Espiño |