Demolición do almacén e un muro no colexio da Laxe
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín procederá á demolición e posterior reconstrución do almacén e o peche das edificacións auxiliares do pavillón do colexio da Laxe.
Segundo explican dende o goberno local, debido ás correntes do regato que circunda este colexio de educación infantil e primaria, agrietouse o muro producíndose un burato importante cunha greta que ía aumentando e que supoñía un grave perigo, ao igual que xa sucedeu en anteriores ocasións.
Técnicos municipais e da Conselleria de Educación xunto á dirección do centro acordaron esta actuación para evitar novos danos.
Este martes unha empresa externa iniciará a demolición quedando pendente a reposición do muro e do peche ata que os técnicos de Augas de Galicia elaboren un proxecto de reconstrución que solucione este problema.
Este xoves haberá unha reunión técnica para ir valorando as solucións técnicas. Mentres se executan as obras non se utilizarán as instalacións.
Relacionadas:
-
Ultiman as obras de reforma que se están a realizar no CEIP A Laxe
Por Redacción |
-
Novo asfaltado para O Casal e o Colexio Sequelo, o Pavillón da Laxe terá que esperar
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Marín presenta unha moción para que se canalice o leito do río detrás do Pavillón da Laxe
Por Redacción |
-
O Pavillón da Laxe poderá seguir empregándose malia a caída da parede dun almacén próximo
Por Redacción |