Ultiman as obras de reforma que se están a realizar no CEIP A Laxe
Por Redacción
Avanzan a bo ritmo as obras que a Consellería de Educación está a realizar no colexio A Laxe de Marín. Trátase dunha actuación comprometida tralo derrubamento o pasado inverno do muro de peche situado no perímetro do centro.
A actuación é supervisada por Augas de Galicia pola afección do regato. O obxectivo é reforzar o peche do centro.
Ademais, en colaboración co Concello de Marín tamén se está a acometer o pintado da fachada principal, así como o acondicionamento dos piares con cubrición que se atopaban en mal estado.
Esta actuación enmárcase na liña das melloras que se están realizando nos centros escolares públicos de infantil e primaria do concello, "tratando de que os centros públicos melloren pouco a pouco as súas instalacións", sinalan desde o goberno municipal.