Profesionais sanitarios e asistenciais fórmanse para o manexo manual de pacientes
Por Redacción
O Hospital Miguel Domínguez puxo en marcha un ciclo de accións formativas sobre prevención de riscos laborais coa participación de FREMAP. A primeira acción da serie desenvolveuse na mañá deste xoves nas instalacións propias do grupo hospitalario.
A primeira actividade formativa centrouse no manexo manual de pacientes ao que asistiron, principalmente, profesionais sanitarios e asistenciais e estivo impartida polo enxeñeiro José Ignacio Antolinos Guinart, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada, integrado na Escola de Mobilización de pacientes de FREMAP.
Durante a sesión, os alumnos coñeceron as recomendacións do informe técnico ISO 12296:2012, Ergonomía-Manexo Manual de persoas no sector sociosanitario. Ademais, realizaron prácticas de mobilidade con padiolas, cadeiras de rodas e un guindastre, segundo anunciou a empresa nun comunicado.
O ciclo de accións formativas sobre prevención de riscos laborais desenvolverase durante os próximos meses, segundo anunciaron durante a inauguración o director xerente do grupo hospitalario, Miguel Domínguez; e o director de FREMAP Pontevedra, Pedro Báez.