Viva a Santa Patrona!
Por Redacción
Pontevedra celebra hoxe martes a festividade da patroa da cidade, a Virxe da O.
Non se sorprendan se escoitan dianas e alboradas, a Concellería de Festas, que dirixe Carmen da Silva, recordará esta celebración.
O encargado será o grupo de música tradicional pontevedrés Os Alegres.
Se a choiva permíteo realizarán tamén un pasacalles polo centro urbano durante a xornada.
Santa María da O, é máis coñecida pola Virxe da O ou Virxe da Esperanza, a virxe preñada, de aí o da "O".
A imaxen da patroa en Pontevedra podemola atopar nun retablo do século XIX na igrexa de San Bartolomeu.